
O leite
A partir do 22 de xaneiro do 2019 entra en vigor o Real Decreto 1181/2018 polo que os produtos lácteos (e o leite) ten que indicar o lugar de orixe da leite que utilicen como ingrediente.
A norma vale para calquera tipo: vaca, cabra, ovella, e para calquera produto que teña máis dun 50% de cantidade de leite.
Esta normativa ten un prazo de dous anos para a súa aplicación e é nacional, so se aplica aos alimentos que se elaboran e comercializan en España.
Sempre digo que á hora de facer a compra é importante ler as etiquetas, agora máis que nunca…busca a orixe da leite que compras. E se é galega, moito mellor!!!!